ActividadesAulas VerdesMarcha Nórdica

Tres actividades esta fin de semana: Sendeirismo polos Montes de San Xurxo, Iniciación á Orientación en Ares e Marcha Nórdica en Canido e A Malata

Igual pasámosnos non poñendo límite á xornada de iniciación á Orientación deportiva en Ares, pero aí estamos! Con 140 participantes de todas as idades que darán cor, co mapa e o compás na man, ás rúas de Ares o sábado pola tarde.

O mesmo sábado pero antes, pola mañá, faremos un percorrido desde o Centro Cívico de Canido até A Malata para comezar a probar coa Marcha Nórdica, da man da vogal da Federación Galega de Montañismo Cecilia G. Carrara.

E xa o domingo pola mañá faremos outro percorrido ambiental pola nosa Costa Ártabra dentro das actividades paralelas á  Marcha Costa Ártabra 50 km a pé, que celebraremos por quinto ano o vindeiro 9 de xuño. Desta volta andaremos, da man do noso compañeiro o biólogo Pedro F. Flores, a zona costeira dos Montes de San Xurxo.

FICHA DE PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE DOS MONTES DE SAN XURXO (PDF)