Circulares

Circular Novembro 2006

Estamos chegando a fin de ano, e xa pouco queda, ainda que xa temos feito o calendario do ano que ven.
Quedanos comer castanas, caminar polo Caurel, e resolver o tema das Eleccións.
Sabedes que non se presentou ningunha candidatura, así pois os que estamos ó frente da entidade, lle comunicamos á Xunta Electoral, que seguimos de xeito interino ate a Asamblea de Fin de Ano, onde proporemos un punto na orde do día para falar do tema, e retificar o que diga a Asamblea
O ideal e que houbera máis xente, que dera relevo os que xa levamos tempo tirando do carro
Por último, xa temos cara nova o frente de administración, pasamos e Victor a Vicki. A Victor seguiremolo vendok, pero nas actividades.

CAUREL: 11 E 12.
Outro fin de semana máis para disfrutar dos bosques caducifolios. Iremos ate a lagoa da Lucenza, que parece que ten auga, e o domingo uns 18 kms ate o Pico e Montouto o máis alto da Serra.

MAGOSTO en Pedroso, domingo 19
Iremos no tren, camiñaremos algo, comeremos castañas e algún café de pota, para voltar logo de novo en tren para casa.

SENDEIRISMO. 3 de decembro Tiñamos pensado os montes do Monseivane en Vilalba, pero está cheo de pistas e muiños, así que cabe a posibilidade dun cambio. ¿Qué vos parece a costa de Ares?

EXPOSICION DO BELELLE.- mércores 15 ás 20’30h na casa das Palmeiras en Neda.
Ese día presentaremos o noso novo folleto, para percorrer unha das mellores zonas da comarca ferrolana, tod@s invitados

PROXECCIONES IMAXES.- Venres 17 e 24 as 20’30h
Alternaremos as imaxes de Elena en Africa e a súa visita ás terras do Kilimanjaro e as de Carlos e Nuria polas Rocosas Canadianas.

ADIANTO CALENDARIO 2007

1º SEMESTRE ANO 2007

XANEIRO
1 Marcha De Aninovo
13 II Xornada de posta de cadeas
14 Neda (prg16 sendr)
27/28 Trav Cordill Cantábrica
FEBREIRO
3 /4 Práctica de montaña en nieve
18 Rio Sor (senderismo)
24/25 Cospeito-Miño (Aulas Verdes)
MARZO
10 Curso Orientación
11 Serra da Capelada (senderismo)
ABRIL
15 II Descenso Integral do Belelle
MAIO
12/13 Serra do Xures
26 Miravalles (Ancares)
XUÑO
9 IX Marcha A Teixido (50kms a pe)
24 S. Bernardo (sendr-PRG47)
XULLO
30/1 Terras de Babia

LOTERIA
Como todos os anos 2 números 3 euros e sen recargo.

LICENCIA FEDERATIVA
Se a ides pedir no 2007 tedes que decilo xa para que logo non haxa retrasos.

PRIVACIDADE DE DATOS
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”

¡VISITA O FORO DO CLUBE!