Circulares

Circular Setembro 2006

Tráxico Agosto
Na anterior circular, abríamos con un par de saídas: Carlos e Nuria, que iban ate as Rocosas do Canada, das que esperamos ver unhas imaxes impresionantes. Outra moi interesante de Miguel Pita e José Manuel Fernandez, ó Perú. Xa estiveran aló hai un par de anos, e querían seguir a facer seismiles, pero tiña que rematar está actividade, co tráxico falecemento de José Manuel coñecido por moitos dos montañeiros de Ferrol. Ainda estivera hai pouco na Galería Sargadelos. Sen dubida as xentes de montaña de Ferrol, quedamos con ise sentemento imposible de explicar do compañeiro de camiño que escolleu outro camiño diferente ó noso . pero a bo seguro, sentiremos a José Manuel camiñando ó noso lado.

27 DOMINGO – BATALLA DE BRIÓN
O 27 de agosto, si os incendios nolo permiten, realizaremos a XVII Marcha Polos Montes de Brión celebrando a odisea daquelas xentes de Ferrol do 24 e 25 de agosto de 1800. Como sempre as 10 da mañan estará a lancha lista para levarnos ate o Castelo de San Felipe. A marcha este ano estará chea de atrancos por mor das obras de canalización o porto exterior. A subida de Cariño se fará pola estrada, pero si as tropas inglesas non coseguiron desmoralizarnos, tampouco o faran unhas cantas palas

ACTIVIDADES EN SETEMBRO
Pois a proposta que vos facíamos cara a que o día 2 dos 50 kms a Pe de Ribeira, supoñemos que tal como quedou o Barbanza, será difícil de levar a cabo, así que tamén a que tiñamos nos para o Outubro imos trocala ¿que vos parece o río Sor ou o Eume?

9 SÁBADO – CAMIÑO PRIMITIVO
Mantemos a etapa de 30 kms: Fonsagrada – Cadavo, faise moi ben con posibilidade de parar ós 17 kms (Paradavella), unhas carballeiras como hai poucas

:: 23 e 24 – TRAVESÍA x TREVINCA
A idea é pasear 2 días polas altas cumes de Ourense (se non están queimadas)

7 e 8 Outubro – BABIA
O que nos quedou por facer en Babia, posiblemente caiga ises días de Outubro

PROXECCIÖNS (20’30h no local, despois pincho):
O 15 de setembro, o noso xeólogo de cabeceira, Fran Canosa, fará unha exposición con imaxes sobre a Xeoloxía en Galicia (Sabedes que o Coto da Lagoa vai ser unha illa?
O 29 de setembro Imaxes sobre o Pirineo Oscense

IDEAS INCENDIOS.
O pasado luns día 14, houbo unha reunión, entre a SGHN Adega e Verdegaia, a la que tamén asistimos nos, se trataba de lanzar unha iniciativa de voluntarios para vixiar o noso entorno cara a posibles novos lumes. Quedouse en centralizar os datos na SGHN, así que todos aqueles que querades dar unha volta polos camiños de Ferrol, cos prismático e o mobil, podedes chamar a SGHN, para coordinar (981 352 820). De todos xeitos este verán xa vai aló, o que si que se nos plantexa, son recoller ideas cara ó ano que ven. ¿que podemos facer os montañeiros de Ferrrol, cara a esta lacra que son os incendios forestais? Todas as ideas que teñades enviadeas a secretaria e no vran do ano que ven intentaremos facer algo concreto

PRIVACIDADE DE DATOS
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”

¡VISITA O FORO DO CLUBE!