Circulares

Circular Setembro/Outubro 2005

VOLTAMOS DE VACACIONS

Ca Marcha polos Montes de Brión, empezamos unha nova temporada, case parecemos escolares, no que se refire a época activa.
Empezamos con poucos participantes en Brión, pois o que non choveu en todo o vran foi chover os días anteriores.

E tamén empezamos incumprindo o calendario, e por unha razón moi sinxela: non imos a Santiago porque non temos xente suficente para organizar o tema durante varios fins de semán seguidos.

Pola contra imos facer duas alternativas mais montañeiras: Ancares e Peña Ubiña.

Tamén estamos empezando a facer o calendario do ano que ven, así que se tedes preferencias estamos abertos a calquera idea.

Que si que é certo é que, tamén necesitamos axuda a hora de organizar temas, así que si estás disposto, non te fagas moito de rogar.

ANCARES – Sábado 17 de setembro.
Un palizón, que merece a pena, a idea é ir nun micro, ate Porto Ancares, e dende alí atravesar toda a Serra para a última hora chegar o refuxio, onde nos collera o bus de novo. Ten outra alternativa: baixar a mitade da marcha ate Piornedo, e dende alí coller o bus para recoller o resto no final. Moito mais fácil e asequible.

PEÑA UBIÑA – 30, 1 E 2 de Outubro
Seguindo a organización da saída a Babia, e quedando no mesmo Camping, se trata de ir en coches particulares o venres e atacar Ubiña o sábado. É un forte desnivel, pero impresionante.

COSTA DE CABANAS .- 8 de Outubro
Pequeño paseo, pola tarde, por ese tramo da costa de Cabanas, seguindo o PRG46.

CAMIÑO ARRIEIROS
Imos tentar de facelo ó reves, o día 9 e o 23, Bares -Candedo e Candedo – As Pontes

A TENDA
Seguimos con a venta de camisetas térmicas (quedan poucas), mel (xa temos mel nova), bastóns (ainda queda algún)

CD FOTOS TEIXIDO 05
Xa o temos

:: NOVO PROXECTOR DIXITAL
CICLO: PINCHO CON IMAXES.
Inauguramos un novo ciclo, os venres, un pincho ( algo de fiambre, un viño, unha sidra, etc) para falar que é sano, e centos de imaxes dixitais co novo proxector, as 20’30h

  • 16 DE SETEMBRO – A montaña da Rioxa
  • 7 DE OUTUBRO – Club Montaña Ferrol
  • 28 DE OUTUBRO – O Caurel

    Se tes imaxes dixitais e queres facer unha proxección avisanos con algo de tempo, e metemoste no calendario.

    CALENDARIO 2006 “A LA CARTA”
    Insistimos, se tedes ideas novas ( e realizables) para o ano que ven, contádenoslas e miraremos de facelas realidade: por exemplo… un campamento para facer iglús en ancares (si, si, leíchedes ben, iglús).

    ¡¡¡PRIVACIDADE DE DATOS!!!.
    Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”