Circulares

Circular Marzo 2003

Nos diriximos de novo a todos vos para poñeros ó día das actividades e novas.
Pero antes unha explicación. As veces (bastantes) cando facemos as circulares, se cometen erros, pero eso é porque somos poucos a redactar, organizar, preparar, facer actividades….. etc.. Así que duas son as conclusións:
1) Cando vexades cousas “raras” non teñades dubida de chamar por telefono.
2) Se tedes un rato libre como para facer este tipo de tarefa ou outras moitas que temos no clube, animo, que necesitamos mano de obra (eso si…. barata)
E a continuación:

  • Actividades
  • Aulas verdes
  • Descontos
  • 0’7%
  • Novos libros na biblioteca

Pero antes de rematar, esta breve introducción, expresar o noso agradecemento ó noso amigo asturiano Cirino Tirador, coñecido por todos os que algunha vez estivemos en Cerulleda, que nos enviou un maravilloso dossier de rutas de senderisimo en Asturias.

Actividades
Día 23: Saída de sendeirismo polo GR1, a Marronda, esto é por unha zona impresioannte de fraga, que está entre O Cadavo e Fonsagrada. Queda un pouco a desmán pero merece a pena. Contamos cunha nativa da zona Elena Fer
Día 5 e 6 de Abril: Serra do Xures, un ano mais iremos ate esta zona. Temos prevista a subida ate as minas das Sombras, pero…. pola parte portuguesa ¡Alucinante!

Desconto en Olimpia Sport
Esta casa de deportes con dous tendas (Villa Soledad e Carretera Castilla 249), nos traslada a oferta de que os socios que vaian mercar alí e se indentifiquen co carnet do club, terán ate un 10% de desconto nas compras.
Pois é outra ventaxa mais.

Aulas verdes:
Estan quedando prazas libres nas actividades de Aulas Verdes, sabedes que temos un tope de 30. Se anda pouco se mira moito, e sobre todo se aprende.
– Trevinca: sábado e domingo 15 e 16
– Parque dunar de Corrubedo: sábado 29
Temos abertas tamén as saídas dos institutos por semán ós Ancares, se tedes contactos nos centros utilizalos para que podamos levar adiante o programa, pois ó mellor algun ainda non se enterou.

Limpeza sendeiros
Segue en marcha o programa de limpeza e remarcado de sendeiros.
Xa empezamos co de San Sadurniño, así que os que teñades un rato libre algún sábado, podedes botarnos unha mao.

Curso de escalada
Temos previsto lanzar unhas xornadas durante a primavera: xa podes preinscribirte, e despois te comentaremos, vai a ser algún fin de semá, pero tamén, algún día por semá.

Ardora
E falando de escalada, empeza de novo as noites verticais na Malata, serán os día 8 e 15 de marzo, o 12 e 26 de Abril e o 3 de maio

0´7% das cuotas
Estamos de novo este ano pensando, en ceder o 0’7% das cuotas a unha ONG que teña un proxecto que afecte a colectivos sociais deprimidos da montaña. Se tedes ideas trasladaas, dende a directiva estamos recibido información e en principio Arquitectos sen Fronteiras, xa nos ten presentado un proxecto.

libros novos

  1. Manual Primeiros Auxilios (doado pola fundación 061)
  2. Rotas por Galicia en bici de montaña
  3. O Courel – Guía e mapa
  4. Ancares – Guia e mapa
  5. Cuadernos de montaña (E.Mtz.Pisón)
  6. Espacios naturais de Ourense
  7. Espacios naturais de Coruña
  8. Antoloxia poética de Alberti
  9. Antoloxia poética de Cernuda

Fotos
Por certo a partires de agora teremos tamén en servicio de préstamo Cd’s con fotos das últimas actividades, así que se tedes ordenata, pasades por secretaría e os levades.