Circulares

Circular Xaneiro 2003

Estimad@s soci@s::
Esta comunicación, é a primeira do ano, e recolle, as próximas actividades a realizar en Xaneiro. Despois da saída do día 1, que xa pasou este mes temos:

Domingo 12 Montefaro-Segaño
Saída en lancha que poñemos nos así que pasade polo clube a inscribiros, abrimos o día 8, despois das festas. Virán os amigos de Santiago do Clube Fontiñas. Lembrade que en principio os non socios teñen que pasar a inscribirse polo local.

25 e 26 Saida a Trevinca:
Como todos os anos. Faremos a saída invernal. En principio en coches particulares, pois sabedes que hai posibilidade de neve. Quedaremos na nos refuxio de a Folepa, pero se alguén quere habitación (so hai 3) en casa de Cholo, tedes que avisar, para que reservar con tempo.

Curso de esquí de travesía:
Os días 25 e 26 de xaneiro, tamén haberá por parte da Escola Galega de Alta Montaña, un curso de esquí de travesía en Manzaneda. Esto é para aqueles que xa teñen un pouco de nivel de esquí de pista, e material para facer travesía.

Aulas Verdes
18 Xaneiro: Valdoviño
Outra sadía mais no capitulo de ir a mirar a natureza, apta para todos os públicos. Se todos os anos era interesante, este ano coas repercusións do Des -Prestige, mais ainda.

Oferta
Temos unha oferta que nos fan uns amigos do clube, de prendas AMURA, temos no clube un catalogo con precios e todos, se estades interesados, podedes pasar a ve-lo.

Licencias Federativas
Esta pasado ó cobro as licencias, a todos aqueles que xa as solicitaron ó ano pasado e non comunicaron nada a secretaría. Aqueles que non a teñades pero a querades avisade. E si algún se lle pasou e non a quere e non avisara, pode devolver o recibo o recibo ó banco.

Se tes e-mail e ainda non o pasaches ó clube, acórdate que a información chega antes.